Susana María Sánchez Arins, nada en Vilagarcía de Arousa o 11 de maio de 1974, é unha escritora galega.
É licenciada en Filoloxía hispánica e filoloxía portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no Ensino Secundario Obrigatorio. É membro da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento. Colabora co xornal dixital Praza Pública.
- via Goodreads