Author: Miguel-Anxo Murado

Miguel-Anxo Murado

Miguel-Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor, xornalista e guionista galego.

É irmán do pintor Antonio Murado e da arquitecta Clara Murado.

Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Arqueoloxía. Realizou un máster en Política Internacional no Centre Europeén de Recherches Internationales et Stratégiques de Bruxelas.

Comezou a súa traxectoria literaria aos 17 anos, en 1983, ao gañar o premio Café Gijón de novela curta en castelán coa obra Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos, un conxunto de relatos, ao que seguiu en 1986 De soños e derribos (máis tarde titulado Memoria de derribos), Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), Caderno do Xapón (2000), Lapidario (2003) e O soño da febre (2007).

Dentro do seu labor como guionista, traballou para as series de ficción Pratos combinados, A familia Pita e Mareas vivas e mais para as longametraxes La ley de la frontera (dirixida en 1995 por Adolfo Aristarain) e Fisterra (1999, Xavier Villaverde); na actualidade continúa este labor en series, como Aldán e Eva (1990), Tres días de abril (2010) ou Salgadura (2013), e documentais, como Lendas do mar (1986), Galicia, cruce de miradas (2007) e O incerto Señor Cunqueiro (2011).

A maior parte da súa actividade profesional dedicouna ao xornalismo. Formou parte do Consello de Redacción da revista Luzes de Galiza e colaborou con distintos medios galegos (entre eles, Tempos Novos e El Correo Gallego). Traballou como correspondente de guerra nos Balcáns (en 1991 e mais en 1993), onde cubriu o sucedido en Croacia e Bosnia. Entre 1998 e 2003 residiu en Oriente Medio, onde exerceu como oficial de prensa para as Nacións Unidas, como xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e, logo, do Ministerio para Belén (2000). Tras esta etapa continuou o seu labor xornalístico como correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada e mais para a axencia de noticias Europa Press. Outra das súas liñas de traballo desenvolveuse no ámbito radiofónico, concretamente na cadea Radio Círculo (Madrid), que dirixiu entre 2004 e 2005.

Actualmente colabora con La Voz de Galicia como articulista ("Escrito en cafeterías" e "Libro de horas") e analista internacional. Nesta súa especialidade, traballa tamén para outros medios de comunicación españois (como no programa "A vivir que son dos días" da Cadena Ser) e para prestixiosos medios internacionais: a cadea británica BBC World Service, BBC 4, Rusia Today TV e os xornais The New York Times e The Guardian, entre outros.

Xurxo Borrazás considera que ten un estilo propio, unha prosa desapaixonada.

- via Goodreads

More by Miguel-Anxo Murado

Fin de século en Palestina

Miguel-Anxo Murado

Ruido: Relatos de guerra

Miguel-Anxo Murado

Escrito en cafeterías

Miguel-Anxo Murado

Caderno de Xapón

Miguel-Anxo Murado

Metamorfosis benezianas

Miguel-Anxo Murado

Mércores de cinza

Miguel-Anxo Murado

Bestiario dos descontentos

Miguel-Anxo Murado

Memoria de derribos

Miguel-Anxo Murado

Goodreads