Author: Inma López Silva

Inma López Silva

Inma López Silva é unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela "Neve" en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de "Rosas, corvos e cancións". Con "Concubinas" obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou "New York, New York", diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido para o castelán.

Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. "Neve en abril" foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta.
Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Coa novela "Memoria de cidades sen luz", publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008.

(fonte: Editorial Galaxia)

- via Goodreads

More by Inma López Silva

El libro de la hija

Inma López Silva

Escola de mulleres

Inma López Silva

Chámame señora, pero trátame coma a un señor

Inma López Silva

Memoria de cidades sen luz

Inma López Silva

Quen non ten un avó fascista?

Inma López Silva

New york, new york

Inma López Silva

Por qué Asunta

Inma López Silva

Maternosofía

Inma López Silva

Concubinas (Edicion Literaria)

Inma López Silva

Goodreads