Marcial Suárez Fernández, nado en Allariz o 15 de febreiro de 1918 e finado na Aguieira (Porto do Son) o 26 de agosto de 1996, foi un escritor e xornalista galego.
Fixo o bacharelato universitario en Ourense e cursou estudos na Normal. Despois da Guerra Civil trasladouse a Madrid. Foi redactor de Radio Madrid durante catorce anos. Foi mestre e xornalista, colaborador de diversos medios de comunicación, en 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral «Las monedas de Heliogábalo».
Foi candidato do Bloque Nacionalista Galego ó Parlamento Europeo en 1994.
- via Goodreads